menú

Os ‘Vikingos’ volven a TNT

04/01/2017
Blog R

O mércores 11 de xaneiro regresan a TNT (dial 22) os temidos ‘Vikingos’. Ás 22:30 h, volve o ruído dos tambores.

O son das frechas curta de novo o aire. Volve brotar o sangue das feridas xurdidas na batalla e os imperios tremen de novo ante a súa inminente chegada.

Tras o final da primeira parte da cuarta tempada, que deixou a vida de Lagertha en suspenso, ‘Vikingos’ regresa con novas entregas cargadas de acción, traizón, violencia e romance, catro ingredientes que fan da serie unha adicción difícil de superar.

Ragnar terá que lidar cunha descendencia engrandecida e cun pobo que decidiu deixalo de lado ante a humillación da súa última derrota; un novo amor chega á vida de Lagertha; e Rollo, o salvador de París, non é capaz de esquecer a súa herdanza viquinga malia o seu título nobiliario.

E para acompañar a estrea dos novos episodios, TNT emite ‘Vikingos: al descubierto’, a serie documental na que os principais actores e actrices da ficción nos desvelan os segredos que rodean aos misteriosos viquingos: como vivían, que cultos practicaban ou como construían as súas embarcacións.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*