menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Unha noite con Sam Mendes, en TCM

11/07/2016
Blog R

Sam Mendes é un cineasta ao que os espectadores de TCM (dial 3) coñecerán máis e mellor a partir do sábado 16 de xullo.

É un gran experto en Shakespeare. Durante varios anos, estivo á fronte da Royal Shakespeare Company e realizou decenas e decenas de montaxes baseados en obras do famoso bardo inglés. Tamén o sabe todo sobre James Bond, un personaxe ao que deu unha nova dimensión cinematográfica grazas ás súas dúas últimas aventuras: ‘Skyfall’ e ‘Spectre’. Pero, hai algo en común entre os personaxes creados por Shakespeare e o axente 007 con licenza para matar? Como abarca un director traballos aparentemente tan distintos?

O sábado 16 de xullo os espectadores de TCM poden coñecer en boca do propio Sam Mendes as respostas a estas e a outras preguntas, grazas á emisión dunha nova entrega de ‘Una vida en imágenes’, a serie de entrevistas producidas pola Academia Británica do Cine e a Televisión (BAFTA). Ademais, antes e despois, pódense ver dúas das súas películas máis lembradas: ‘American Beauty’, unha metáfora sobre o lado máis amargo do soño americano pola que Mendes gañou o Óscar como mellor director; e ‘Jarhead, el infierno espera’, un drama bélico centrado na Guerra do Golfo.

O luns 1 de agosto Sam Mendes cumpre 51 anos e xa ninguén discute que se gañou un posto de privilexio entre os directores máis prestixiosos do panorama cinematográfico actual. Destacou sempre pola súa habilidade para analizar o comportamento íntimo dos personaxes e a súa capacidade para lograr a mellor interpretación dos seus actores.

Axenda sábado 16 de xullo
19:40 h.: ‘Selección TCM: Sam Mendes’ (2015)
20:00 h.: ‘Jarhead, el infierno espera’ (‘Jarhead’, 2005)
22:00 h: ‘Una vida en imágenes: Sam Mendes’ (‘Life in Pictures: Sam Mendes’, 2016). Estrea exclusiva
22:30 h.: ‘American Beauty’ (‘American beauty’, 1999)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios