menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Aias máxicas, deportes, avións… as canles infantís sorpréndennos no verán

30/06/2016
Blog R

Desfruta do verán máis divertido coas mellores estreas e novidades que nos traen as canles infantís para xullo e agosto.

Acórdaste de cando as túas series favoritas se despedían no verán? Iso non ocorre en Nickelodeon (dial 151). Cheira a piscina, praia, verán, sol, tempo libre… comezan as vacacións e, para celebralo, a canle preparou un especial para as tardes de verán: ¡Unas vacaciones locas! Todas as tardes, cita con ‘Bob Esponja’, ‘Breadwinners’, ‘Una casa de Locos’, ‘Henry Danger’ e ‘Nicky, Ricky, Dicky y Dawn’. A partir do venres 1 de xullo, ás 15:05 h.

Disney Junior (dial 161) vén cargado de cine en xullo da man da estrea de ‘Aviones’ o domingo 3 de xullo ás 9:30 h. Dusty é un avión que soña con participar nunha competición aérea de altos voos. O problema ao que se enfronta é o seu medo ás alturas e por iso decide recorrer a un aviador naval que lle axude a clasificarse.

Volven a Nickelodeon os repartidores de pan máis disparatados da televisión. Os ‘Breadwinners’ regresan con novos episodios cheos de xeniais aventuras de Sway Sway e Buhdeuce, dous patos moi tolos que reparten o seu delicioso pan por todo o planeta voando co seu turbofurgo. Esta vez, os repartidores de pan queren impresionar a T-Midi co pan máis especial das súas minas. Doutra banda, Buhdeuce arrefríase e pégallo ao Maestro Panadero. Dende o luns 4 de xullo ás 20:40 h.

Tamén continúa na canle a historia de Bella Dawson. Esta animadora entrou no equipo de fútbol da súa escola e cada día está máis preto de converterse en quarterback profesional? Nestas novas aventuras de ‘Bella y los Bulldogs’ que se estrean o sábado 9 de xullo ás 19:00 h, os Bulldogs atravesan complicacións, Bella e os seus amigos pasan medo en Halloween e Bella interésase polo primo de Sawyer, pero algo relacionado co seu pasado pode complicar a súa nova amizade.

Nickelodeon trae o evento deportivo máis divertido dos últimos tempos: A Slime Cup 2016. Cada equipo fórmano os protagonistas de ‘Game Shakers’, ‘Bella y los Bulldogs’, ‘100 cosas que hacer antes de ir al instituto’, ‘Los Thundermans’, ‘Henry Danger’ e ‘Nicky, Ricky, Dicky y Dawn’. O evento está dirixido por Kel Mitchell, nin máis nin menos que Doble G! A primeira Slime Cup comeza o luns 18 de xullo e dura ata o xoves 21 de xullo e a segunda vai do luns 1 ao xoves 5 de agosto. Nesta Slime, hai carreiras de obstáculos e diferentes retos que fan que os equipos vaian gañando máis e máis puntos Slime.

Unha aia con poderes máxicos? Miss Moon baixou da ‘Nube Mágica’ para cumprir unha misión na Terra: coidar de tres nenos cuns pais moi ocupados. Monopatíns voadores, cabaleiros e dragóns que saltan dos libros ou que se encollen para xogar ao agocho… A vida dos nenos McGuffles xa nunca será o mesmo. Coñece a ‘Miss Moon’ o luns 11 de xullo ás 16:15 h en Canal Panda (dial 152).

Panda e Nico convídannos ao seu taller de pintura, onde lenzos, pinceis e cores se combinan para dar renda solta á imaxinación a través do arte. Picasso, Goya, Velázquez, Van Gogh ou Frida Kahlo son algúns dos grandes pintores da Historia e convértense en protagonistas de cada un dos programas de ‘A Cuadros’, que se estrea o luns 11 de xullo ás 17:05 h en Canal Panda.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios