menú

Un verán de animación en FOX

04/07/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea a partir do luns 4 de xullo as novas tempadas de varias das súas máis clásicas series de animación: ‘Padre made In USA’, ‘Padre de familia’ e ‘Los Simpson’.

‘Padre made In USA’ estrea a súa tempada 10. A serie é unha creación de Seth McFarlane e está protagonizada por Stan Smith: republicano, conservador, egocéntrico e altamente paranoico. Os seus únicos obxectivos na vida son garantir a seguridade nacional e protexer á súa familia de ataques terroristas. A súa muller é Francine, bastante sarcástica e máis liberal que o seu marido. De moza coqueteou coas drogas e agora é unha devota cristiá que se gaña a vida como profesora de relixión. Teñen dous fillos: Steve, un adolescente empollón, obsesionado coas mozas e ao que o seu pai trata en balde de converter nun verdadeiro ‘mozo americano’, e Hayley, unha moza de 18 anos moito máis progresista que o resto da familia.

Tamén chegan en xullo os novos episodios da tempada 15 de ‘Padre de familia’. É outra das creacións de Seth McFarlane. Trátase dunha das grandes producións de animación da última década, cargada de argumentos hilarantes e situacións imposibles. Ambientada no seo dunha familia de clase media de Rhode Island, na imaxinaria cidade de v (reflexo do lugar onde MacFarlane creceu), os Griffith son o exemplo perfecto da familia disfuncional: Peter, o pai, é rematadamente parvo e metepatas; Lois, a nai, é unha simple; Chris, o fillo maior, está por baixo do coeficiente intelectual normal; Meg, a filla adolescente, é unha cursi; e os únicos que teñen cerebro son o bebé, Stewie, un personaxe absolutamente malvado que persegue a destrución de todo o que lle rodea; e o can Brian, o único cerebro coherente da casa.

E a última estrea de animación do verán é a da tempada número 23 de ‘Los Simpson’. Esta familia que non necesita presentación xa se converteu na familia máis popular da televisión. Creados por Matt Groening a finais dos anos 80 como segmento cómico do ‘Show de Tracy Ullman’, ‘Los Simpson’ deben a súa andaina ao talento creativo do seu ‘pai’ debuxante e ao empeño dun cineasta e produtor visionario, James L. Brooks (‘La fuerza del cariño’, ‘Mejor… Imposible’), que foi o primeiro en presentir a xenialidade e as posibilidades de triunfo dos personaxes amarelos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios