menú

Un día dedicado a Roald Dahl en TCM

08/09/2016
Blog R

Roald Dahl, un escritor galés que é xa un clásico da literatura infantil, naceu en setembro de 1916. TCM (dial 3) réndelle unha especial homenaxe o martes 13.

Millóns de nenos e non tan nenos leron os seus contos ou víronos trasladados ao cine: ‘James y el melocotón gigante’, ‘Matilda’, ‘Charlie y la fábrica de Chocolate’, ‘Los Gremlins’ ou, xa máis recentemente, ‘Mi gran gigante bonachón’, que Steven Spielberg adaptou en ‘Mi amigo el gigante’. O seu autor, Roald Dahl, é xa un clásico da literatura infantil.

TCM non podía deixar pasar esta significativa data e vai homenaxear no seu centenario a Roald Dahl, un autor profundamente ligado aos soños e as fantasías do público infantil, emitindo o día do seu aniversario, o martes 13 de setembro, unha programación especial con algunhas das adaptacións cinematográficas máis lembradas que se fixeron das súas obras: ‘La maldición de las brujas’, dirixida por Nicolas Roeg e protagonizada por Anjelica Huston, e as dúas longametraxes baseadas no seu popular libro ‘Charlie y la fábrica de chocolate’; é dicir, o filme co mesmo título dirixido por Tim Burton e protagonizado por Johnny Deep en 2005, e ‘Un mundo de fantasía’, realizada por Mel Stuart en 1971, con Gene Wilder no papel do excéntrico Willy Wonka e cuxo guión adaptou o propio Dahl.

Roald Dahl comezou a escribir en 1942 tras servir como piloto durante a guerra. O seu primeiro libro para nenos foi ‘Los Gremlins’, levado á pantalla con gran éxito en 1984 por Joe Dante. Dise que a maioría dos seus relatos partían dos contos que lles narraba aos seus propios fillos, uns nenos que tivo coa actriz Patricia Neal, coa que estivo casado 30 anos.

Pero Roald Dahl tamén escribiu para adultos e traballou en diversos guións cinematográficos. O seu legado é extensísimo, e non só no cine e na literatura, senón tamén, grazas á súa fundación, en campos tan diversos como a neuroloxía e a hematoloxía. Morreu de leucemia o 23 de novembro de 1990.

Axenda martes 13 de setembro
18:30 h: ‘Charlie y la fábrica de chocolate’ (‘Charlie and the Chocolate Factory’, 2005)
20:25 h: ‘La maldición de las brujas’ (‘The Witches’, 1990)
22:00 h: Producción TCM: ‘Roald Dahl’ (2016)
22:05 h: ‘Un mundo de fantasía’ (‘Willy Wonka and the Chocolate Factory’, 1971)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios