menú

Un agosto de cine oriental en AXN White

01/08/2016
Blog R

As noites dos xoves de agosto están dedicadas ao cine oriental en AXN White (dial 26).

O ‘Especial Cine Oriental’ comeza o xoves 4 de agosto coa emisión de ‘Las Flores de la Guerra’. Christian Bale é John, un maquillador de cadáveres que involuntariamente se converte no protector das alumnas dun convento durante a segunda guerra chinés-xaponesa. É a película máis cara da historia do cine chinés.

‘El joven detective Dee. El poder del dragón marino’ é a cita do xoves 11 de agosto ás 22:40 h. Do lendario director de acción Tsui Hark e os creadores de gran éxito internacional do detective Dee, esta película narra os comezos do mozo Dee Renjie cando chega á Capital Imperial e tenta converterse en axente de
policía.

’13 Asesinos’ emítese o xoves 18 de agosto. Un oficial e un samurái fronte a un desapiadado líder no Xapón feudal. Recibiu varias moninacións a diferentes premios, entre elas ao León de Ouro como Mellor Película no Festival de Venecia.

A caída da dinastía Han e os momentos anteriores da era dos tres reinos na Chinesa antiga son o contexto da película ‘Acantilado Rojo’, que pecha o ‘Especial Cine Oriental’ o xoves 25 de agosto.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios