menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

‘TURN: Espías de Washington’ estrea terceira tempada en AMC

27/06/2016
Blog R

Coincidindo co mes no que Estados Unidos celebra o seu día da independencia, AMC (dial 2) estrea a terceira tempada de ‘TURN: Espías de Washington’. A cita é o martes 5 de xullo ás 22:10 h.

Intrigas, segredos e traizóns son os acenos de identidade desta serie orixinal de AMC, un thriller histórico ambientado durante a Guerra da Independencia americana que nos leva a coñecer a primeira rede de espionaxe de Estados Unidos.

Protagonizada por Jamie Bell (‘Billy Elliot’), a serie segue as aventuras de Abraham Woodhull, a quen a historia considera o primeiro espía da Idade Moderna e que prestou os seus servizos ao exército de George Washington cando Norteamérica era aínda unha colonia británica.

Nesta terceira tempada, a serie narra un dos momentos máis soados da historia dos Estados Unidos: a traizón do xeneral Benedict Arnold. En 1778, só hai un destino para un espía capturado: a forca. O prezo da traizón é a morte e non todos os nosos heroes sobrevivirán.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*