menú

‘Transgénero, lucha de identidad’, estrea en Odisea

20/06/2016
Blog R

O martes 28 de xuño é o Día Internacional do Orgullo LGBT. Odisea (dial 54) súmase a esta conmemoración coa estrea en exclusiva de ‘Transgénero, lucha de identidad’ o domingo 26 de xuño ás 22:50h.

Ao longo de toda esa semana, en centenares de cidades de todo o mundo reivindícanse a tolerancia, a igualdade e os dereitos de gais, lesbianas, bisexuais e transexuais dunha forma lúdica e divertida.

‘Transgénero, lucha de identidad’ é un documental que pon de manifesto a difícil realidade dos transxénero na sociedade actual. Mozo ou moza? Home ou muller? Para unha persoa transxénero a solución non é tan evidente. Recentemente, empezamos a tomar conciencia da existencia de persoas transxénero nas nosas sociedades. A súa visibilidade aumentou grazas ao esforzo e perseveranza dunha nova xeración de fillos que cambian de xénero, celebridades da cultura popular, atletas de elite ou soldados.

Con todo, detrás dos grandes titulares ocúltase unha amarga realidade. Aínda hoxe son un dos colectivos máis desprotexidos e perseguidos, e unha de cada tres persoas transxénero tentou suicidarse nalgún momento da súa vida. Os dereitos e liberdades dos transxénero convertéronse na primeira gran demanda social do século XXI.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*