menú

TNT estrea o concurso ‘Yo fui a EGB’

13/12/2016
Blog R

Se merendaches pan con chocolate, se flipaches a primeira vez que viches o DeLorean de ‘Regreso al futuro’, se a túa primeira colonia foi Chispas, este programa está feito para ti: o concurso de produción propia ‘Yo fui a EGB’. Estréase o mércores 21 de decembro ás 22:30 h en TNT (dial 22).

Nalgún momento da túa vida desfrutarías dun Mikolápiz, terías que borrar o escrito cunha goma Milan e sufrirías ao saltar o plinton.

Pois o mércores 21 de decembro dámosche a benvida a outra época; porque, se calquera tempo pasado foi mellor, nós traémoscho ao presente. Por iso, TNT asóciase coa marca ‘Yo fui a EGB’ por segunda vez e, nesta ocasión, faino para levar a cabo un programa de produción propia. Nel, os concursantes, uns nostálxicos empedernidos, terán que probar o seu coñecemento sobre a música dos 80, demostrar as súas habilidades co ioió, saltar á corda como tolos e ser capaces de lembrar os eslogans máis populares daquel período, entre outras moitas e difíciles probas.

 

 

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

6 comentarios

  1. David di:

    Que bueno!!! No me lo pierdo!! Tengo los 4 libros y el juego de mesa. Seguro que será genial. Gracias por la información. Un saludo;-))

  2. bartolome del ser aceves di:

    yo soy del año 48 y mi EGB FUE PRECIOSA, NO ERA EGB ERA COLEGIO Y LUEGO INSTITUTO, EN EL COLEGIO CON UNA SOLA ENCICLOPEDIA SAVIA MUCHO MAS QUE MIS NIETOS CON SEIS LIBROS, LOS BOCADILLOS DE CHOCOLATE CON PAN QUE RICOS, Y LA BARRA CON UN AGUJERO Y LLENO DE AZUCAR QUE DELICIA AQUELLA ERA VIDA

  3. Martin di:

    Creo que o día da estrea convertireime nun pai de verdade, no autentico pai, ese que vendo o programa e recordando a miña infancia diante da tele direille orgulloso e nostálxico a miña filla…”aqueles si que eran bos tempos”