menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

TNT estrea ‘Buena conducta’

10/11/2016
Blog R

Algunha vez quixeches facer verrón e conta nova? Michelle Dockery e Juan Diego Botto protagonizan ‘Buena conducta’, a serie que TNT (dial 22) estrea o martes 15 de novembro ás 22:30 h.

Vícheste atrapado nunha rede da que non podías saír? Desexaches fuxir dun lugar, ou mesmo de ti mesmo? Iso lle ocorre a Letty, a protagonista de ‘Buena conducta’.

Ningunha boa acción risca un pasado infestado de erros: roubos, drogas, sobredoses; Letty (Michelle Dockery) non ten un bo historial. O único crime que non cometeu é o que Javier (Juan Diego Botto) leva ás súas costas: o homicidio. Javier é un asasino a soldo cuxo estraño código ético lle permite practicar a súa profesión cunha frialdade case inhumana. Cando as vidas de ambos os dous se cruzan, xorde entre eles unha estraña química que os levará a un inevitable vórtice formado polo caos, o sexo, a violencia e a paixón.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios