menú

TNT estrea ‘Superperdidos’

10/10/2016
Blog R

TNT (dial 22) estrea a súa nova comedia, ‘Superperdidos’, o domingo 16 de outubro, a partir das 11:10 h., cun maratón dos dez capítulos que conforman a primeira tempada da serie.

Toda ficción ten unha serie de personaxes fixos: o tío raro un tanto ‘friki’, a muller de armas tomar capaz de lle facer fronte a calquera cousa, o tipo normal que fai algo extraordinario… e, por suposto, un heroe, porque toda serie necesita un. E máis se se trata dunha serie na que os personaxes están atrapados nunha illa tras un accidente de avión. E diso vai ‘Superperdidos’, unha serie disparatada na liña do mellor cine de parodias.

Imaxinas que farían os personaxes de ‘Perdidos’ se o seu amado heroe falecese no primeiro capítulo? Volverse histéricos? Pillarse unha boa cogorza?

E para rematar con máis bo humor a xornada do domingo 16, un especial ‘Parody Party’ cunha selección dos mellores títulos do xénero: ‘Los muertos del hambre’, ‘Top Secret!’, ‘Aterriza como puedas’ e ‘Scary movie 5’.

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios