menú

TNT estrea a terceira tempada de ‘The Last Ship’

19/09/2016
Blog R

O martes 20 de setembro, ás 22:30 h, TNT (dial 22) estrea a terceira tempada de ‘The Last Ship’.

Dous anos tratando de facerse coa cura. Dous anos loitando contra todo tipo de inimigos. Dous anos vagando polo mar facendo fronte a un virus que ameaza con poñer fin á humanidade. A tripulación do USS Nathan James xa deu co antídoto que acabará con esta enfermidade devastadora… pero a misión non terminou.

‘The Last Ship’ volve cunha terceira tempada na que o capitán Chandler (Eric Dane) e o resto da tripulación deben dirixirse cara ao continente asiático. Alí, Tom trata de pescudar se é certa a existencia dun líder chinés que decidiu privar á poboación da cura creada pola doutora Scott. Ademais, parte da tripulación do USS Nathan James atópase en grave perigo, mentres que unha posible mutación da temida gripe vermella podería xurdir no afastado Xapón.

Nesta nova entrega incorpórase ao elenco a actriz Bridget Regan (‘Jane the Virgin’, ‘Agent Carter’) no papel de Sasha, unha ex-oficial de intelixencia da mariña que agora opera encuberta como diplomática en China para o reformado goberno de Estados Unidos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*