menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

TNT estrea a décima tempada de ‘Big Bang’

26/09/2016
Blog R

Se es dos que se saben de corrida a letra de ‘El dulce gatito’, se choraches de risa vendo a Penny convertida en simio ou se non perdiches nin un episodio de ‘Diversión con banderas’, o venres 30 de setembro estarás pegado á tele ás 22:30 h para descubrir a nova tempada de ‘Big Bang’ en TNT (dial 22).

7 personaxes. 9 tempadas completadas. 207 episodios ata a data. Unha chea de rupturas, decenas de contratos asinados, centos de partidas de WoW e xadrez tridimensional. Infinitas noites de comida tailandesa, chinesa, italiana, cheas de convencións, varios cameos e todo isto para que? Para celebrar que ‘Big Bang’ chega á décima tempada.

Porque ‘Big Bang’ non é só unha comedia, TNT (dial 22) preparou un especial polo décimo aniversario da serie co que celebrar todos os bos momentos que Sheldon, Leonard, Raj, Howard, Penny, Amy e Bernadette nos fixeron pasar. E que mellor maneira de rememorar eses momentos que volver vivilos todos e cada un dende o principio? Pois un supermegafrikimaratón de todas as tempadas que termina o venres 30 de setembro ás 22:30 h coa estrea da décima tempada.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*