menú

TNT e TCM celebran o 50 aniversario de Star Trek

01/09/2016
Blog R

Pasaron 50 anos dende a primeira viaxe da USS Enterprise de Star Trek e, por este motivo, TNT (dial 22) e TCM (dial 3) emiten un especial con todas as películas da saga dende o luns 5 ao domingo 11 de setembro.

O xoves 8 de setembro de 1966 a nave aterrou por primeira vez nos televisores do planeta Terra cunha tripulación formada por seres de todo o universo dispostos a salvar ao mesmo dos terribles enfrontamentos interplanetarios. A aventura galáctica aínda non terminou. A última película, titulada ‘Star Trek: Más Allá’, estreouse recentemente en cines.

Hoxe, Star Trek é toda unha lenda e unha das sagas máis exitosas e con máis fans ao redor de todo o mundo e, por esa razón, TNT e TCM únense para celebrar o seu quincuaxésimo aniversario coa emisión de once das películas que conforman a saga.

Desde o luns 5 de setembro podes desfrutar en TCM das películas clásicas de Star Trek, as seis primeiras películas da franquía, e a fin de semana do sábado 10 e o domingo 11 de setembro, Spock, o capitán Kirk e o resto da tripulación da Enterprise chegan a TNT cun maratón das películas dos anos 90 e o alucinante reboot de 2009 de J.J. Abrams.

Axenda:

En TCM,

Luns 5 de setembro
22:00 h: ‘Star Trek: La Película’ (‘Star Trek: The Motion Picture’, 1979)

Martes 6 de setembro
22:00 h: ‘Star Trek II: La Ira de Khan’ (‘Star Trek II: The Wrath of Khan’, 1982)

Mércores 7 de setembro
22:00 h: ‘Star Trek III: En busca de Spock’ (‘Star Trek III: The Search For Spock’, 1984)

Xoves 8 de setembro
22:00 h: ‘Star Trek IV: Misión Salvar la Tierra’ (‘Star Trek IV: The Voyage Home’, 1986)

Venres 9 de setembro
21:40 h: Selección TCM: Star Trek
22:00 h: ‘Star Trek V: La última frontera’ (‘Star Trek V: The Final Frontier’, 1989)
23:55 h: ‘Star Trek VI: Aquel país desconocido’ (‘Star Trek VI: The Undiscovered Country’, 1991)

En TNT,

Sábado 10 de setembro
15:45 h: ‘Star Trek: La próxima generación’ (William Shatner, 1994)
17:55 h: ‘Star Trek: Primer contacto’ (Patrick Stewart, 1996)
19:55 h’Star Trek: Insurrección’ (LeVar Burton, 1998)

Domingo 11 de setembro
15:45 h: ‘Star Trek: Némesis’ (Patrick Stewart, 2002)
17:50 h: ‘Star Trek’ (Chris Pine, Zachary Quinto, 2009)

¡Longa vida e prosperidade ao trekkie!

 

 

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios