menú

TNT dedica un día a Jennifer Lawrence

01/04/2016
Blog R

TNT (dial 22) dedica a tarde do domingo 3 de abril, desde as 15:45 h., a unha das actrices mimadas de Hollywood.

O mesmo de morena, que de loura. De viúva que de líder rebelde. De moza dos baixos fondos que de bailarina afeccionada. A cuestión é que a Jennifer Lawrence non hai papel que se lle resista, por iso en TNT renden unha gran homenaxe a esta intérprete programando un especial das películas máis representantivas da súa fulgurante carreira.

Imaxinas que un día tes que sacrificarte pola túa familia e liderar a unha nación en pos da liberdade? E se ademais de enfrontarte a un goberno debes lidar contra os teus propios sentimentos? Katniss Everdeen é tan só unha moza que se ve obrigada a rebelarse contra o Capitolio e desafiar ao presidente Snow en ‘Los juegos del hambre’. Síguea na súa loita durante a primeira e segunda entrega da saga como prato forte deste especial.

Pero non é só unha ‘teen idol’ sen máis: a artista móstranos o seu lado máis maduro en ‘El lado bueno de las cosas’, a película que lle valeu o Óscar e o Globo de Oro á mellor actriz protagonista. E, para terminar, o especial termina coa aclamada ‘Winter’s Bone’, desgarradora cinta na que Lawrence encarna de novo a unha muller que loita por salvar á súa familia da ruína inminente e que lle valeu a nominación a mellor actriz nos Óscar e os Globos de Oro.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios