menú

TNT celebra o Día do orgullo Friki

19/05/2016
Blog R

TNT (dial 22) rende homenaxe á comunidade friki cunha oferta de programación que excede os límites da imaxinación: ciencia ficción, superheroes, aventuras, mozas guerreiras e moita comedia. Sábado 21 e domingo 22 dende as 09:45h e mércores 25 de maio ás 22:30h.

O sábado 21 e o domingo 22, quenda para os episodios máis frikis de ‘Big Bang’ nun esmendrellante maratón que dará paso a unha gran selección de cine: ‘Star Trek’, ‘Scott Pilgrim contra el mundo’, ‘Los Vengadores’, ‘Los Juegos del hambre I e II’ e a triloxía de ‘El Señor de los Anillos’. Ademais, a animación máis tola e irreverente tamén ten un oco no especial coa emisión da segunda tempada ao completo de ‘Rick y Morty’ e a estrea do especial de Robot Chicken DC Comics ‘Villanos en el paraíso’, dobrado por Joaquín Reyes.

E o mércores 25, Día do orgullo friki, ás 22:30h, chega o prato forte do especial: a segunda edición de ‘Friki Masters’, un programa de produción propia que nesta ocasión será presentado por Ernesto Sevilla, un dos actores, humoristas e presentadores máis carismáticos da televisión.

A través dunha serie de reportaxes, o programa fala das principais temáticas da cultura friki mediante a visita a eventos que se desenvolven ao longo e ancho da xeografía española. Fantasía épica en vivo, supervivencia zombie, competicións de videoxogos, karaoke, cosplay e salóns do cómic mergullarannos nun universo de series, cinema, videoxogos, rol, cómics… Ademais, ao final de cada reportaxe, os reporteiros Leandro Rivera e Alejandra Jiménez-Cascón buscarán a tres frikis de pro para que se convertan en concursantes dunha proba relacionada coa temática abordada.

Únete ao lado friki da televisión co ‘Especial Orgullo Friki’ de TNT.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios