menú

‘The Walking Dead’ despide a súa sexta tempada en FOX

11/02/2016
Blog R

Volve ‘The Walking Dead’ a FOX (dial 20). Trátase da segunda parte da sexta tempada, os oito últimos episodios, que se estrea en versión orixinal subtitulada na madrugada do luns 15 de febreiro, ás 4:00 h, só unha hora despois da súa estrea en Estados Unidos. A versión dobrada estréase xa o mesmo luns 15, ás 22:20 h.

Nos novos episodios, os protagonistas terán que superar os tráxicos sucesos que pecharon a primeira parte cando os zombies invadiron Alexandría.

Baseada no cómic escrito por Robert Kirkman e publicado por Image Comics, ‘The Walking Dead’ é a serie máis vista da televisión entre adultos de 18-49 anos. Conta a historia dos meses e os anos que seguiron a unha apocalipse zombie e segue o día a día dun grupo de sobreviventes, liderado polo axente de policía Rick Grimes, que viaxa na busca dun lugar seguro.

A serie, que foi aplaudida pola crítica, está protagonizada por Andrew Lincoln como Rick Grimes; Steven Yeun, que é Glenn; Norman Reedus como Daryl Dixon; Chandler Rigg dá vida a Carl; Lauren Cohan é Maggie; Danai Gurira interpreta a Michonne; Melissa McBride é Carol; e Sonequa-Martin Green interpreta a Sasha. Hai tamén recentes incorporacións como Michael Cudlitz no papel do sarxento Abraham Ford; Alanna Masterson como Tara; Christian Serratos é Rosita e Josh McDermitt dando vida ao excéntrico Eugene Porter.

A estrea mundial da sexta tempada conseguiu un 17% máis de audiencia.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios