menú

‘The Principal’, estrea en Sundance Channel

31/03/2016
Blog R

Sundance Channel (dial 9) estrea ‘The Principal’ o xoves 7 de abril ás 22:30 h. É unha miniserie australiana ambientada nunha escola marcada pola violencia e baseada en feitos reais.

Matt Bashir é o novo director dunha escola notoria pola súa violencia. Decide cambiar a situación con propostas radicais, ante o rexeitamento de alumnos e profesores. Pero cando un dos seus alumnos morre, a vida persoal e profesional de Matt empeza a virse abaixo.

Nomeada a catro premios do instituto de cine australiano (AFI), incluíndo ao mellor guión, mellor actor secundario e mellor dirección de TV, ‘The Principal’ únese a unha nova corrente de series australianas de éxito como ‘The Code’ ou ‘Utopia’.

No seu elenco figuran nomes coñecidos como Aden Young (‘Rectify’), Alex Dimitriades (‘The Slap’) e Mirrah Foulkes (‘Animal Kingdom’, ‘Secrets & Lies’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*