menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

‘The Mysteries of Laura’ estrea a súa segunda tempada en Cosmo

11/11/2015
Blog R

Novos casos para a detective Laura Diamond, interpretada por Debra Messing. O domingo 15 de novembro, e en dobre episodio desde as 22:15 horas, reencóntrate con Laura Diamond e con todo o equipo da comisaría de Nova York.

Baseada na popular serie española, a actriz Callie Thorne (‘Terapia de choque’) incorpórase aos novos capítulos dando vida á capitá do segundo distrito, Nancy Santiani. A pesares do nova e modosiña que parece a primeira vista, traballará de maneira moi independente e o seu carácter chocará co da protagonista.

O final da primeira tempada deixounos cunha grande incógnita: por quen se decantará o corazón da detective? Nesta segunda terá que lidar con casos realmente complicados e ao mesmo tempo seremos testemuñas dun intenso triángulo amoroso entre o seu atractivo exmarido Jake (Josh Lucas), que quere recuperala custe o que custe, e o seu novo noivo Tony (Neal Bledsoe), un chef excelente e o seu home perfecto.

Para resolver os complicados casos seguirá contando coa axuda dos seus compañeiros: os detectives Billy (Laz Alonso) e Meredith (Janina Gavankar) e o sempre devoto Max (Max Jenkins), que completa un equipo perfecto para unha das mellores comisarías de Nova York. Con todo, moi pronto as súas vidas se veranse trastornadas cando a capitá Santiani, que estivo suplindo a baixa de Jake mentres se recupera, decide quedar definitivamente como nova responsable da comisaría aínda que non cae ben a ninguén.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*