menú

‘The Flash’, volve o superheroe a TNT

24/02/2016
Blog R

O superheroe máis rápido de todos os tempos, ‘The Flash’, continúa as súas aventuras en TNT (dial 22) coa estrea da súa segunda tempada o martes 1 de marzo ás 22:30h.

Nesta nova entrega, atopámonos cun Barry Allen que confía máis en si mesmo e nos seus poderes para loitar contra maléficas forzas do mal. Haberá mundos paralelos e a morte de Eobard (Tom Cavanagh) xera novos conflitos que lle levan a tentar cambiar os sucesos no tempo.

Novos viláns, como Killer Frost ou Mirror Master, farán estragos e tamén novos heroes, como a ‘Chica halcón’ ou o propio Cisco que rexurdirá como Vibe, farán a súa aparición.

Ademais, os crossover con ‘The Arrow’ seguirán sendo unha constante na serie e sumarase un moi especial con algún dos personaxes que se poderán ver en ‘Legends of Tomorrow’.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios