menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

TCM réndese a Sidney Lumet

08/04/2016
Blog R

O sábado 9 de abril cúmprense cinco anos do falecemento do gran director estadounidense. TCM (dial 3) quere lembralo cunha programación especial que inclúe a estrea en exclusiva do documental ‘By Sidney Lumet’.

O documental é un traballo realizado por Nancy Buirski no que o propio realizador analiza, apoiándose en imaxes de arquivo e en secuencias das súas longametraxes, a súa idea do que é o cine, a súa vida e a súa traxectoria artística.

Antes e despois da emisión deste filme, os espectadores de TCM poderán comprobar todo o talento que atesouraba este cineasta vendo algúns dos seus mellores traballos como ‘Tarde de perros’, ‘Serpico’ e ‘Asesinato en el Orient Express’.

Sidney Lumet naceu en Filadelfia en 1924, pero moi pronto se estableceu en Nova York, cidade na que se desenvolven moitas das súas historias. Nos anos cincuenta comezou a traballar na televisión, un medio que foi decisivo na súa carreira. Nunca se considerou un autor. Abordou varios xéneros, aínda que nas películas policiacas e xudiciais é nas que sentiu máis cómodo. Como Lumet explicaba no prólogo do seu libro ‘Así se hacen las películas’, ‘non hai unha idea mellor que outra á hora de rodar porque todos os filmes supoñen unha suma de desafíos técnicos e interpretativos. Unha viaxe que comeza cando se ten a idea inicial e se escribe o guión, ata que, finalmente, a cinta chega ás salas’.

Ao director Sidney Lumet encantáballe filmar. ‘Reláxome máis rodando que indo de vacacións’, explicou en Berlín en 2006. Quizá por iso nunca se retirou e continuou traballando ata pouco antes da súa morte en 2011. O cine era o centro da súa vida e con 83 anos estreou a súa última e unha das mellores películas de toda a súa carreira: ‘Antes que el diablo sepa que has muerto’, con Philip Seymour Hoffman e Ethan Hawke encabezando o elenco.

Sábado 9 de abril
17:55 h.: ‘Tarde de perros’ (‘Dog Day Afternoon’, 1975)
19:55 h.: ‘Asesinato en el Orient Express’ (‘Murder on the Orient Express’, 1974)
22:00 h.: Estrea do documental ‘By Sidney Lumet’ (‘By Sidney Lumet’, 2015)
23:45 h.: ‘Serpico’ (‘Serpico’, 1973)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios