menú

TCM homenaxea ao Festival de Cannes

25/04/2016
Blog R

TCM (dial 3) vai vivir con toda intensidade a 69º edición do Festival de Cannes emitindo todos os sábados e domingos, ás 22:00h., unha programación especial na que se inclúe unha peza de produción propia que repasa a historia do certame e a proxección dunha película que no seu día conseguiu a Palma de Oro.

Cannes non é un festival máis. A diferenza dos que se celebran en Berlín, Venecia ou San Sebastián, o certame que ten lugar na Costa Azul francesa se autoproclama, con toda xustiza, a imprescindible cita cinematográfica anual. Durante a última quincena de maio, a industria audiovisual dos cinco continentes
dáse cita no Palacio de Festivales, fronte ao Mediterráneo, aos pés do bulevar da Croisette, para comprar e vender películas, presentar proxectos e anunciar novas rodaxes. Cada noite, as máis grandes e famosas estrelas desfilan coas súas mellores galas pola alfombra vermella e unha vintena de títulos compiten
para levar a prestixiosa Palma de Oro, un galardón que garante un oco na historia do cine.

Os espectadores de TCM poden desfrutar cada fin de semana de maio de títulos clásicos como ‘La dolce vita’, de Federico Fellini, que gañou a Palma de Oro en 1960, ou ‘Viridiana’, de Luis Buñuel, a única película española que, ata agora, conseguiu o máximo galardón en Cannes. Tamén se ofrecerán longametraxes que triunfaron máis recentemente, como ‘La cinta blanca’, de Michael Haneke, ou ‘La vida de Adèle’, de Abdellatif Kechiche, premiado en 2013, sendo ademais a primeira vez que a Palma de Oro se facía extensiva aos seus dous protagonistas, Léa Seydoux e Adèle Exarchopoulos.

Ademais, o domingo 22 de maio, data na que se clausura a edición de 2016, TCM ofrece durante toda a xornada un maratón cos títulos que formaron parte do ciclo.

Domingo 1 de maio
22:00 h.: Produción propia TCM: Palma de Oro (2016). Estrea exclusiva
22:05 h.: ‘La Dolce Vita’ (‘La Dolce Vita’, 1960)

Sábado 7 de maio
21:55 h.: Produción propia TCM: Palma de Oro (2016)
22:00 h.: ‘Viridiana’ (‘Viridiana’, 1961)

Domingo 8 de maio
22:00 h.: ‘La conversación’ (‘The Conversation’, 1974)
23:50 h.: Produción propia TCM: Palma de Oro (2016)

Sábado 14 de maio
21:55 h.: Produción propia TCM: Palma de Oro (2016)
22:00 h.: ‘El tambor de hojalata’ (‘Die Blechtrommel’, 1979)

Domingo 15 de maio
22:00 h.: ‘La cinta blanca’ (‘Das weisse Band’, 2009)
00:20 h.: Produción propia TCM: Palma de Oro (2016)

Sábado 21 de maio
22:00 h.: ‘El árbol de la vida’ (‘The tree of Life’, 2001)
00:15 h.: Produción propia TCM: Palma de Oro (2016)

Domingo 22 de maio, clausura del festival. Maratón:
09:00 h.: ‘La Dolce Vita’ (‘La Dolce Vita’, 1960)
11:50 h.: ‘El tambor de hojalata’ (‘Die Blechtrommel’, 1979)
14:10 h.: ‘Viridiana’ (1961)
15:40 h.: ‘El árbol de la vida’ (‘The tree of Life’, 2001)
17:55 h.: ‘La cinta blanca’ (‘Das weisse Band’, 2009)
20:15 h.: ‘El tercer hombre’ (‘The Third Man’, 1949)
21:55 h.: Producción propia TCM: Palma de Oro (2016)
22:00 h.: ‘La vida de Adèle’ (‘La vie d’Adèle’, 2013)
00:55 h.: ‘La conversación’ (‘The Conversation’, 1974)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. Marcos di:

    Non sei onde buscar. Por iso o poño aqui. Onde busco ocanal Energy? No desco non, na tele, en que canle teño que buscar para voltar a ter isa canle? Estou farto de R e os seus cambios sen aviso.