menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

TCM homenaxea a Gene Kelly no vixésimo aniversario do seu falecemento

27/01/2016
Blog R

O martes 2 de febreiro cúmprense 20 anos da morte de Gene Kelly e ese día TCM (dial 2) rende homenaxe a esta gran estrela emitindo dúas das súas mellores películas: ‘Cantando bajo la lluvia’ e ‘Un americano en París’.

Bailar. Iso é o que fixo Gene Kelly ao longo de toda a súa vida. Bailou a alegría de vivir, o amor e os soños. Bailou ata cun roedor animado, o rato Jerry da película ‘Levando anclas’. Pero, ademais de bailarín, Gene Kelly foi coreógrafo, cantante, actor e director de cine: unha das figuras claves, xunto con Fred
Astaire, da historia do cine musical de Hollywood. Os dous foron polos opostos pero nunca rivais. Se Astaire representaba a elegancia e a suavidade, Gene Kelly era a vitalidade e o dinamismo feito baile. Ou como el mesmo dicía: ‘Se Fred Astaire é o Cary Grant do musical, eu son o Marlon Brando’.

Martes 2 de febreiro
20:10 horas. ‘Un americano en París’ (‘An american in Paris’, 1951)
22:00 horas. ‘Cantando bajo la lluvia’ (Singin’ in the Rain, 1952)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios