menú

TCM explora as dúas caras de Ryan Gosling

12/05/2016
Blog R

Ryan Gosling ten dúas caras no cine: a comercial e a independente. TCM (dial 3) quere profundar nestas dúas facetas e emite o xoves 19 e o venres 27 de maio un programa dobre que inclúe a emisión de ‘Drive’, o thriller que o converteu nunha verdadeira icona en 2011, e ‘Lost River’, o seu debut en 2014 como realizador, unha escura e surrealista historia protagonizada por Eva Mendes e Christina Hendricks.

Ryan Gosling naceu en Canadá en 1980. Con trece anos presentouse, xunto a outros dezasete mil aspirantes, a unha proba para participar no programa de televisión ‘El Club Disney’. Logrou entrar e converteuse nunha estrela xuvenil grazas a series de televisión como ‘El joven Hércules’.

Aos poucos foi asentándose no mundo do cine pero foi en 2001, no Festival de Sundance, cando chamou definitivamente a atención da crítica grazas a ‘El creyente’, un filme no que facía dun mozo xudeu con ideas antisemitas. Logo veriámolo na romántica ‘El diario de Noa’ e pouco tempo despois lograba a súa ata agora única candidatura ao Oscar con ‘Half Nelson’, a historia dun profesor que ensinaba nun instituto de Brooklyn e que á vez loitaba contra a súa adición ás drogas.

Ryan Gosling é, por unha banda, un actor indie que aposta por pequenas producións que lle dan prestixio e nas que pode desenvolver todo o seu talento como actor, tal e como demostrou en ‘Blue Valentine’. Por outro, é unha nova estrela de Hollywood, e como tal interveu en títulos máis comerciais como ‘Gangster Squad (Brigada de élite)’ ou ‘Asesinato… 1-2-3’, este último xunto a Sandra Bullock.

Este ano acabámolo de ver nas pantallas formando parte de ‘La gran apuesta’, a película que analiza as causas da gran crise económica do 2008 e nos próximos meses ten por estrear diversos proxectos nos que podemos comprobar esas dúas caras que ten como intérprete.

Axenda

Xoves 19 de maio
20:25 h.: ‘Lost River’ (‘Lost River’, 2014). Estrea exclusiva
22:00 h.: ‘Drive’ (‘Drive’, 2011). Estrea

Venres 27 de maio
20:20 h.: ‘Drive’ (‘Drive’, 2011)
22:00 h. ‘Lost River’ (‘Lost River’, 2014)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios