menú

TCM estrea o documental ’50 años de rebeldía’

04/03/2016
Blog R

O domingo 6 de marzo TCM (dial 3) estrea en exclusiva en España ’50 años de rebeldía’, un documental dirixido en 2014 por Martin Scorsese coa axuda do seu fiel colaborador David Tedeschi no que se percorre o pasado e o presente de ‘The New York Review of Books’.

Con máis de medio século ás súas costas, ‘The New York Review of Books’ converteuse en algo máis que nunha revista literaria. Forma parte xa por dereito propio da paisaxe intelectual dos Estados Unidos. Un espazo impreso no que se analiza, se critica e se debate non unicamente sobre as publicacións que chegan
ás librerías, senón acerca de calquera tema que axite a actualidade, dende as guerras de Vietnam ou Iraq ata escándalos políticos como o Watergate.

Ao longo dos seus 53 anos de vida, autores tan prestixiosos como Noam Chomsky, Susan Sontang, Norman Mailer, Truman Capote, Gore Vidal ou Lillian Hellman asinaron artigos nas súas páxinas. Uns pequenos ensaios cuxa influencia acaba chegando a todos os recunchos do pensamento e da creación artística, tanto dentro como fóra de Norteamérica.

A cámara de Scorsese lembra o nacemento da revista o 1 de febreiro de 1963. Unha folga de traballadores das imprentas de Nova York deixou á cidade sen xornais nin revistas durante catro meses. Un momento que aproveitou o editor Jason Epstein para lanzar a publicación.

En pantalla aparecen, grazas a entrevistas realizadas por Scorsese ou a imaxes de arquivo, algúns dos seus grandes colaboradores. Son autores que van analizando as distintas etapas que viviu a revista ata converterse no gran referente que é hoxe en día. Algo que se foi conseguindo grazas ao rigor e á
liberdade da súa liña editorial.

Para completar a emisión deste documental, TCM ofrece aos seus espectadores a posibilidade de ver tres películas nas que a figura do escritor forma parte fundamental do argumento: ‘El crepúsculo de los dioses’, de Billy Wilder; ‘El resplandor’, de Stanley Kubrick e ‘Howl’ de Rob Epstein e Jeffrey Friedman,
centrada na vida de Allen Ginsberg, un dos poetas máis importantes da xeración beat.

Axenda domingo 6 de marzo

16:50 h.: ‘El crepúsculo de los dioses’ (‘Sunset Blvd.’, 1950)
18:40 h.: ‘El resplandor’ (‘The Shining’, 1980)
20:30 h.: ‘Howl’ (‘Howl’, 1980)
22:00 h.: Estreno exclusivo de ’50 años de rebeldía’ (‘The 50 Year Argument’, 2014)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*