menú

TCM emite unha auténtica ‘Experiencia Terrence Malick’

01/07/2016
Blog R

O venres 24 de xuño estréase no Reino Unido ‘Weightless’, o oitavo filme do director Terrence Malick. As súas películas son toda unha experiencia que os espectadores de TCM (dial 3) poden desfrutar todos os domingos de xullo, ás 10 da noite, grazas a unha programación especial que inclúe títulos como ‘El
nuevo mundo’, ‘Malas Tierras’, ‘El árbol de la vida’ e ‘Días del cielo’, así como unha reportaxe de produción propia.

Malick detesta a popularidade e o glamour das alfombras vermellas e prefire que as súas películas falen directamente ao espectador sen que el teña que dar máis explicacións. Como sempre, non concederá entrevistas nin fará declaracións e tampouco acudirá a preestreas ou festivais cinematográficos. E, unha vez máis, terminado o seu traballo detrás das cámaras e na sala de montaxe, volverá desaparecer e esconderse baixo esa capa de misterio que o acompañou sempre.

Terrence Malick é un director cun mundo cinematográfico cheo de poesía. Naceu o 30 de novembro de 1943. Debutou como director tres décadas despois con ‘Malas tierras’, unha road movie protagonizada por unha parella de mozos amantes, Martin Sheen e Sissy Spacek, que foxen da xustiza cometendo polo camiño todo tipo de asasinatos. A película, unha mestura de melodrama rural, thriller e relato poético, mostraba a paixón do director pola paisaxe da América profunda.

Cinco anos despois estreaba o seu segundo filme, ‘Días del cielo’, unha historia ambientada en 1916. Grazas a esta película, protagonizada por Richard Gere, o español Néstor Almendros gañou un Óscar pola súa marabillosa fotografía. Filmaba unicamente vinte minutos ao día, á hora do crepúsculo, e conseguiu uns efectos de luz nunca antes vistos na pantalla.

En ‘El nuevo mundo’, con Colin Farrell encabezando o elenco, Malick recuperaba a historia de amor entre Pocahontas, a filla dun xefe indio, e un soldado inglés chamado John Smith. Un romance que lle servía para falar do violento encontro entre distintas civilizacións e sobre como a acción do home modifica sen piedade toda a contorna natural que o rodea.

Con ‘El árbol de la vida’ gañou a Palma de Ouro no Festival de Cannes de 2011. O filme, protagonizado por Sean Penn, Brad Pitt e Jessica Chastain é unha verdadeira sinfonía de imaxes. Conta a vida dun neno que vai medrando entre o amor e a tenrura da súa nai e a dureza e a severidade do pai.

Axenda

Domingo 3 de xullo
22:00 h: ‘Seleción TCM: Terrence Malick’ (2016). Estrea exclusiva
22:20 h: ‘El nuevo mundo’ (‘The New World’, 2005). Estrea

Domingo 10 de xullo
22:00 h: ‘Malas tierras’ (‘Badlands’, 1973)

Domingo 17 de xullo
22:00 h: ‘El árbol de la vida’ (‘The Tree of Life’, 2011)

Domingo 24 de xullo
22:00 h.: ‘Días de cielo’ (‘Days of Heaven’, 1978). Estrea

Domingo 31 de xullo
16:35 h.: ‘Malas tierras’ (‘Badlands’, 1973)
18:10 h.: ‘El árbol de la vida’ (‘The Tree of Life’, 2011)
20:25 h.: ‘Días de cielo’ (‘Days of Heaven’, 1978)
22:00 h: ‘Seleción TCM: Terrence Malick’ (2016)
22:20 h: ‘El nuevo mundo’ (‘The New World’, 2005)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios