menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

TCM emite un especial sobre Wes Anderson

23/06/2016
Blog R

Dende o venres 24 ata o domingo 26 de xuño, os espectadores de TCM (dial 3) teñen a oportunidade de descubrir ou de reencontrarse co traballo de Wes Anderson e comprobar as súas profundas raíces cinematográficas.

TCM emite un especial cara a cara no que se poderán ver tres das películas máis famosas do director: ”Academia Rushmore’, ‘Los Tenenbaums. Una familia de genios’ e ‘Life Aquatic’, xunto a títulos clásicos como ‘El bazar de las sorpresas’, ‘Harold y Maude’, ‘Mi tío’ ou ‘20.000 leguas de viaje submarino’.

Este encontro Wes Anderson vs Clásicos será presentado pola crítica Desirée de Fez e o realizador Javier Ruiz Caldera, director de éxitos como ‘Spanish Movie’, ‘Tres bodas de más’ ou ‘Anacleto: Agente secreto’. Os dous, nunha distendida charla, irán esmiuzando as claves do cine de Wes Anderson.

En tan só un par de décadas e con oito longametraxes ás súas costas, o director texano Wes Anderson converteuse nun dos realizadores máis insólitos do cine norteamericano. Películas como ‘El gran hotel Budapest’ ou ‘Moonrise Kingdom’ mostran a uns personaxes que van deambulando, dende a excentricidade cara á tenrura, nunhas historias cargadas con profundas doses de ironía e de romanticismo, aderezadas cunha comicidade non sempre fácil de apreciar e de dixerir. Películas cheas de diálogos imposibles e situacións absurdas que rozan, cando non superan, o surrealismo. Un cine sempre sorprendente e que nunca deixa indiferente aos espectadores.

O cine de Wes Anderson ten uns acenos de identidade absolutamente recoñecibles pero as súas influencias pódense rastrexar no traballo de autores como Ernst Lubitsch, Jacques Tati, Hal Ashby ou o propio Stanley Kubrick.

Axenda especial Wes Anderson:

Venres 24 de xuño
17:00h.: ‘El bazar de las sorpesas’ (‘The Shop Around the Corner’, 1940)
18:35h.: ‘Mi tío’ (‘Mon oncle’, 1958)
20:30h.: ‘Harold y Maude’ (‘Harold and Maude’, 1971)
22:00h.: ‘Selección TCM: Wes Anderson y Academia Rushmore’ (2016). Estrea
22:15h.: ‘Academia Rushmore’ (‘Rushmore’, 1998). EEstrea

Sábado 25 de xuño
15:50h.: ‘Lolita’ (‘Lolita’, 1962)
18:20: ‘Cuentos de Tokio’ (‘Tôkyô Monogatari’, 1953)
20:35h.: ‘El cuarto mandamiento’ (‘The Magnificent Ambersons’, 1942)
22:00h.: ‘Selección TCM: Wes Anderson y Los Tenenbaums (2016)’. Estrea
22:15h.: ‘Los Tenenbaums. Una familia de genios’ (‘The Royal Tenenbaums’, 2001). Estrea

Domingo 26 de xuño
15:15h.: ‘Barry Lyndon’ (‘Barry Lyndon’, 1975)
18:15h.: ‘Lemmy contra Alphaville’ (‘Alphaville’, 1965)
19:55h.: ‘20.000 leguas de viaje submarino’ (‘20,000 Leagues Under the Sea’, 1954)
22:00h.: ‘Selección TCM: Wes Anderson y Life Aquatic’ (2016). Estrea
22:15h.: ‘Life Aquatic’ (‘Life Aquatic with Steve Zissou’, 2004). Estrea

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios