menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

TCM conmemora os 100 anos de Gregory Peck

04/04/2016
Blog R

O martes 5 de abril cúmprese o primeiro centenario do nacemento de Gregory Peck, ao que TCM (dial 3) vai homenaxear coa emisión durante esa xornada de tres das súas películas máis lembradas: ‘La conquista del oeste’, ‘Recuerda’ e ‘Duelo al sol’, acompañadas dunha peza de produción propia na que se resume a súa vida e extensa carreira.

‘Alto, moreno e guapo’. Así é Gregory Peck. Un retrato que se completa coa súa inmensa calidade como actor e cunha irrefutable integridade persoal. Gregory Peck case sempre interpretou a personaxes nobres, homes que tiñan profundas conviccións éticas e morais. O público identificábase con el porque, como dixo un crítico nunha ocasión, levaba dentro o mellor de todos nós.

Eldred Gregory Peck naceu en La Jolla, unha localidade agora pertencente a San Diego, en 1916. Os seus pais divorciáronse cando tiña cinco anos e el criouse á beira da súa avoa, unha muller que o levaba ao cine todas as semanas. Así naceu a súa vocación de actor.

Ao longo de toda a súa carreira traballou ás ordes dos mellores directores de Hollywood como Alfred Hitchcock, Robert Mulligan, Vincente Minnelli, King Vidor, Elia Kazan, Henry King, William Wyler ou Raoul Walsh. Esta lenda do cine clásico deixou para o recordo algunhas interpretacións memorables, como a do avogado Atticus Finch, en ‘Matar a un ruiseñor’, papel polo que gañou o seu único Óscar.

Axenda martes 5 de abril
17:25 h.: ‘La conquista del Oeste’ (‘How the West Was Won’, 1963)
19:55 h.: ‘Duelo al sol’ (‘Duel in the Sun’, 1946)
22:00 h.: Produción propia TCM: Gregory Peck (2016)
22:10 h.: ‘Recuerda’ (‘Spellbound’, 1945)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios