menú

TCM réndese ao cine negro

05/01/2017
Blog R

Os domingos de xaneiro, TCM (dial 3) tingue a súa programación de negro para ofrecer aos espectadores un amplo abanico de longametraxes que mostran todas as posibilidades deste popular xénero cinematográfico.

No cine negro, a liña que separa o ben do mal, o legal do ilícito, é fina, difusa e moi fácil de cruzar. A un lado e outro dela atopámonos indistintamente con detectives, policías, ladróns, mulleres fatais, asasinos, espías ou mafiosos, pero tamén con seres humanos atormentados polo seu pasado ou que foxen del.

Todos eles viven e actúan baixo unha espesa nebulosa de miseria e de corrupción moral que traslada ao espectador unha sensación de angustia e abafo, unha atmosfera que se fai practicamente irrespirable. Ao mesmo tempo, o cine negro, lonxe de trasladarnos a sociedades belas e xustas, achéganos a contradicións políticas e sociais que desembocan na ambición, o odio e a traizón, impulsos que se converten no motor da acción.

TCM programou unha serie de películas que abarcan distintas décadas, dende os anos corenta, con títulos clásicos como ‘Encadenados’ e ‘Al rojo vivo’, ata xa ben entrado o século XXI, con filmes como ‘Drive’ ou ‘El caballero oscuro’, que demostran que o cine negro é capaz de adaptarse a calquera época e que segue vivo e brillando na súa eterna escuridade.

Domingo 8 de xaneiro
18:10 h: ‘Rebeca’ (‘Rebecca’, 1940)
20:20 h: ‘Sidney’ (‘Sidney (Hard Eight)’, 1996)
22:00 h: ‘La noche del cazador’ (‘The Night of the Hunter’, 1955)

Domingo 15 de xaneiro
18:30 h: ‘Encadenados’ (‘Notorious’, 1946)
20:10 h: ‘Al rojo vivo’ (‘White Heat’, 1949)
22:00 h: ‘Drive’ (‘Drive’, 2011)

Domingo 22 de xaneiro
‘El extraño’ (‘The Stranger’, 1946)
‘Un largo adiós’ (‘The Long Goodbye’, 1973)
22:00 h: ‘El caballero oscuro’ (‘The Dark Knight’, 2008)

Domingo 29 de xaneiro
‘Sospecha’ (‘Suspicion’, 1941)
‘Sed de mal’ (‘Touch of Evil’, 1958)
22:00 h: ‘El caballero oscuro: la leyenda renace’ (‘The Dark Knight Rises’, 2012)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios