menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

TCM celebra os 80 anos de Robert Redford

02/08/2016
Blog R

TCM (dial 3) reservou a noite dos domingos de agosto para ofrecer aos seus espectadores unha cita semanal con Robert Redford. E o xoves 18 de agosto, data do seu 80 aniversario, toda a programación da xornada estará dedicada á súa figura.

Robert Redford chega aos 80 anos de vida tras cubrir todas as etapas dunha dilatada e exitosa carreira cinematográfica. Durante a segunda metade dos anos 60 e a década dos 70, foi un dos guapos oficiais de Hollywood, protagonizando películas comerciais que o converteron nunha grande estrela. Nos 80, comezou a súa carreira como director e, pouco tempo despois, fundou un dos festivais de cine máis importantes do mundo, o de Sundance.

O día 18 de agosto é o gran día de Robert Redford en TCM, coa emisión das películas que conforman un ciclo especial, entre elas títulos como ‘Todos los hombres del presidente’, ‘Descalzos en el parque’ e ‘Propiedad condenada’. Esta homenaxe a unha das últimas grandes iconas de Hollywood complétase cunha reportaxe de produción propia que repasa a súa traxectoria como actor e director.

Domingo 7 de agosto
22:00 h: Produción TCM: Robert Redford (2016). Estrea exclusiva
22:10 h: ‘Todos los hombres del presidente’ (‘All the President’s Men’, 1976)

Domingo 14 de agosto
22:00 h: Produción TCM: Robert Redford (2016)
22:10 h: ‘Descalzos por el parque’ (‘Barefoot In The Park’, 1967). Estrea

Jueves 18 de agosto
14:15 h: ‘Todos los hombres del presidente’ (‘All the President’s Men’, 1976)
16:30 h: ‘Descalzos por el parque’ (‘Barefoot In The Park’, 1967)
18:20 h: ‘El descenso de la muerte’ (‘Downhill Race’r, 1969). Estrea
20:05 h: ‘Propiedad condenada’ (‘This Property Is Condemned’, 1966)
21:50 h: Producción TCM: Robert Redford (2016)
22:00 h: ‘Gente Corriente’ (‘Ordinary People’, 1980)

Domingo 21 de agosto
21:50 h: Produción TCM: Robert Redford (2016)
22:00 h: ‘Propiedad condenada’ (‘This Property Is Condemned’, 1966)

Domingo 28 de agosto
22:00 h: Produción TCM: Robert Redford (2016)
22:10 h: ‘El descenso de la muerte’ (‘Downhill Racer’, 1969)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios