menú

Syfy estrea ‘The Magicians’

25/01/2016
Blog R

Syfy (dial 27) estrea a serie ‘The Magicians’, protagonizada por un grupo de mozos e o seu paso por unha secreta facultade de maxia en Nova York. A cita é o mércores 3 de febreiro ás 22:20 h.

A serie vira ao redor dun grupo de estudantes nunha facultade secreta especializada en maxia. Jason Ralph (‘Aquarius’), encabeza o elenco no papel de Quentin Coldwater, un alumno brillante pero inadaptado que ingresa na Universidade de Brakebills para estudar maxia. El e os seus amigos descubrirán pronto que o mundo fantástico sobre o que leron nos libros cando eran uns nenos é real e ademais podería poñer en serio perigo á humanidade.

Stella Maeve (‘Chicago P.D.’), Hale Appleman (‘Teeth’), Arjun Gupta (‘Nurse Jackie’) e Summer Bishil (‘Towelhead’) completan o elenco desta serie que ten unha primeira tempada de 12 episodios, que ademais chegarán a España con poucos días de diferenza respecto da súa estrea en Estados Unidos.

John McNamara (‘Aquarius’) e Sera Gamble (‘Supernatural’), autores do piloto, comparten as labores de produción executiva da serie.

A triloxía na que se basea, asinada por Lev Grossman, foi un éxito de vendas en máis de 20 países no mundo. A súa última entrega, ‘La tierra del mago’, foi seleccionada polo New York Times o pasado verán na súa listaxe de best sellers e foi recoñecido en moitas publicacións como un dos mellores libros do ano.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

5 comentarios

  1. Neves di:

    this is one of my favorite chanels, but whitout
    english language or subtitles i do not…
    not everibody dominates the spanish.
    Or is it avaiable now ?

  2. Lucadi di:

    Non sei como estará a serie pero a rapaza ten uns lacons moi bos!!!! Notase que chega o entroido que teño fame!!

  3. Lucadi di:

    Non compro eu diso oh!!!!!! Ca de webs que hai de comida!!
    Pero grazas de todas oh!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*