menú

Syfy estrea ‘Sharknado: Que la cuarta te acompañe’

04/08/2016
Blog R

Ese momento do ano no que voan quenllas asasinas chegou. O venres 5, estrea ás 22:00 h en Syfy (dial 27).

A cuarta entrega deste fenómeno de masas en forma de película disparatada xa está aquí. Tras facer estragos nos Angeles, arrasar Nova York e atreverse coa mismísima Casa Branca, a trama da cuarta entrega sitúase cinco anos despois do asalto á Costa Oeste. Durante estes anos, Fin (Ian Ziering) e a súa familia viviron tranquilos, libres dos escualos asasinos, que agora volverán de forma inesperada.

Tara Reid volve á saga para desvelar o futuro do seu personaxe, April, cuxo destino votou a audiencia despois dunha ferida mortal ao final da terceira película. Por suposto, cos sharknados de volta con forzas renovadas, Fin necesitará recrutar novos colaboradores para protexer ao mundo de tan perigosa
ameaza.

David Hasselhoff (no papel de Gil Shepard) e Ryan Newman (Claudia Shepard) repiten na nova película, que tamén contará con innumerables cameos de personaxes coñecidos. Entre os que xa se anunciaron: o loitador da MMA Frank Mir, Cynthia Bailey (protagonista de ‘The Real Housewives of Atlanta’), a presentadora Carrie Keagan e o cantante de Motley Crue, Vince Neil, entre outros.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios