menú

Syfy estrea ‘Dead 7’

13/06/2016
Blog R

Syfy (dial 27) estrea en exclusiva ‘Dead 7’, un western zombi cos BackstreetBoys e NSYNC, o venres 17 de xuño ás 21:30h.

Os fans das boy bands dos 90, os zombies e ‘Sharknado’ están de parabéns con esta película que mestura e combina todos estes ingredientes.

É o aperitivo de Syfy para os que esperan con ansia ‘Sharknado 4’. Trátase dun novo western de terror escrito polo cantante dos Backstreet Boys, Nick Carter, e Sawyer Perry no que membros da ‘boy band’ máis popular dos noventa, ademais doutros de NSYNC, 98 Degrees e O-Town, se enfrontan a unha horda de voraces zombies come-cerebros.

‘Dead 7’ conta a historia dunha heteroxénea banda de pistoleiros que se unen para liberar unha pequena vila dunha praga de zombis no Vello Oeste postapocalíptico. A película dura dúas horas e o papel protagonista recae en Jack (Nick Carter), un heroe contra a súa vontade que une os fuxidos da cidade contra a ameaza zombi.

Tamén aparecen a muller de Nick Carter, a actriz Lauren Kitt-Carter, os Backstreet Boys AJ McLean e Howie Dorough; os NSYNC Joey Fatone e Chris Kirkpatrick; Jeff Timmons, de 98 Degrees; Erik-Michael Estrada, Jacob Underwood, Trevor Penick e Dan Miller de O-Town; o gañador do Grammy Jon Secada; a presentadora Carrie Keagan, a actriz e cómica Debra Wilson (MadTV), Frenchie Davis, concursante de American Idol e The Voice; o rapero Gerardo Mejía e Art Alexakis, de ‘Everclear’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios