menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Sundance Channel estrea a serie ‘Crash’

26/04/2016
Blog R

Sundance Channel (dial 9) estrea a serie ‘Crash’ o domingo 1 de maio ás 22:30 h. Está baseada na oscarizada película de Paul Haggis que protagonizan Sandra Bullock, Matt Dillon e Don Cheadle.

Los Ángeles é unha cidade única na súa combinación de glamour, fama, diñeiro, poder, racismo, desigualdade e crime. Dende a clase alta á clase baixa, ninguén está a salvo da violencia, as drogas, a intolerancia e a morte.

Esta serie mergúllase na vida de varios personaxes que conviven co medo día a día, na asfixiante e inabarcable cidade de Los Ángeles.

Ao longo de 26 capítulos, repartidos en dúas tempadas, veremos, entre outros, a Dennis Hopper dando vida a un excéntrico e maniaco produtor musical, nun dos seus últimos e máis intensos traballos; a Tom Sizemore no papel dun pouco ortodoxo detective; e a Eric Roberts como un billonario que lle decide dar á cidade un novo equipo de fútbol.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios