menú

Sundance Channel estrea a segunda tempada de ‘The Code’

20/09/2016
Blog R

Tras o éxito internacional da primeira entrega, chega a Sundance Channel (dial 9) a nova tempada do trepidante thriller ciber-político ‘The Code’ o martes 27 de setembro, ás 22:30 h.

Fai menos dun ano, dous irmáns, un xornalista e un hacker con autismo, víanse envoltos nunha escura conspiración gobernamental. Agora, Ned e Jesse van ser extraditados a EEUU, tras ser acusados de acceder ilegalmente a documentos secretos de seguridade nacional.

Galardoada pola Academia Australiana (AACTA) co premio á mellor serie dramática, a ficción inclúe no seu elenco a Ashley Zuckerman (‘Manhattan’, ‘El fin de la infancia’), Lucy Lawless (‘Xena’) e Aden Young (‘Rectify’), aos que se suma nos novos capítulos o coñecido Anthony LaPaglia (‘Sin rastro’, ‘El cliente’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios