menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Sherlock contra Sherlock, en TNT

03/02/2016
Blog R

Dous detectives, dous axudantes, dous casos imposibles e un mesmo nome: Sherlock. TNT (dial 22) convídate a un combate moi especial o domingo 7 de febreiro a partir das 15:45h. Un especial protagonizado polo detective máis famoso de todos os tempos interpretado por dous súper actores: Robert Downey Jr. e Benedict Cumberbatch.

Robert Downey meterase na pel de Sherlock e Jude Law converterase no seu querido Watson en ‘Sherlock Holmes: juego de sombras (Sherlock Holmes 2)’. En todo o mundo están a producirse unha onda de crimes sen aparente conexión ata que o noso protagonista descubra o malvado cerebro de tales delitos en nunha viaxe chea de perigos.

Deseguido, ‘Sherlock: la novia abominable’, capítulo especial da serie ‘Sherlock’ no que os incribles Benedict Cumberbatch e Martin Freeman se enfrontarán a un misterioso caso: o da pantasma dunha noiva (a señora Ricoletti) que rolda as rúas londinienses en busca de vinganza. Un inimigo do máis aló? Os nosos protagonistas terán que valerse de toda a súa astucia para descubrir cal é a verdade oculta nesta incrible historia.

Cal é o teu Sherlock favorito?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*