menú

Carrie volve a EEUU na sexta tempada de ‘Homeland’

11/01/2017
Blog R

A sexta tempada de ‘Homeland’ estréase en versión orixinal subtitulada o mércores 18 de xaneiro ás 00:00 h en FOX (dial 20) e arrinca uns meses despois do final da quinta tempada.

O resultado das eleccións presidenciais norteamericanas que imaxinaron os creadores de ‘Homeland’ é moi distinto ao que vivimos no mundo real. Nos novos episodios, unha muller, senadora por Nova York, converterase na nova presidenta dos Estados Unidos. Elizabeth Marvel (‘House of Cards’) convértese así nunha das novas protagonistas da próxima entrega de ‘Homeland’.

Despois de frustrar un importante ataque terrorista en Berlín, Carrie Mathison (Claire Danes) volve aos Estados Unidos e instálase en Brooklyn (Nova York), onde empezará a traballar nunha fundación que axuda aos musulmáns que viven en chan norteamericano.

O elenco de ‘Homeland’ segue encabezado por Claire Danes (‘Temple Grandin’), Mandy Patinkin (‘La princesa prometida’), Rupert Friend (‘Hitman: agente 47’) e F.Murray Abraham (‘El gran hotel Budapest’). Dá a benvida ademais a novas caras como Hill Harper (‘C.S.I: Nueva York’), que interpreta ao xefe de gabinete da recentemente elixida presidenta; Patrick Sabongui (‘The Flash’) convértese nun avogado que traballa xunto a Carrie no seu novo posto na fundación; Dominic Fumusa (‘Nurse Jackie’) converteuse nun misterioso axente do FBI; e Robert Knepper interpreta a un xeneral do Departamento de Defensa que debe traballar co equipo da nova Presidenta dos Estados Unidos.

Creada por Alex Gansa e Howard Gordon, ex guionistas de ’24’, ‘Homeland’ é o resultado da adaptación norteamericana da produción israelí ‘Hatufim’ (‘Prisioneros de Guerra’), escrita por Gideon Raff. Na liña de grandes thrillers políticos como as películas ‘El mensajero del miedo’ ou ‘Siete días de mayo’, a serie sorprendeu os espectadores cunha historia que se mete de cheo nas dobraduras dos servizos de espionaxe, o terrorismo internacional e o poder a través do personaxe dun soldado capturado en Iraq e rescatado oito anos despois, cuxo regreso a casa esperta a desconfianza dunha axente da CIA, bipolar e  meticulosa ata límites insospeitados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios