menú
series

Non perdas as series de outono

09/09/2016
Blog R

Volven as series de outono ao mesmo tempo que os cogumelos, deste xeito poderemos levar mellor a “volta ao cole”, non si?

E como pasa cos compañeiros do patio, algúns marchan e outros chegan de novo para encher o seu oco, mentres que os máis populares aí continúan, enganchándonos. Así que imos facer un pequeno repaso do que está por vir.

Unha das primeiras en chegar é a cuarta tempada de ‘Masters of Sex’ o luns 12 de setembro a Canal Series (dial 30), un día despois da súa estrea en Estados Unidos. Desta volta William Masters e Virginia Johnson afrontaran novas experiencias vitais e laborais.

O 16 de setembro Fox (dial 20) estrea a sexta tempada de ‘American Horror Story’ en versión orixinal subtitulada. Esta tempada leva o título de “The Mist” e aquí podes ver a promo que se fixo para Estados Unidos.


 

 

Cara a finais de setembro, o día 22, SyFy (dial 27) estrea a serie ‘Halcyon’ que combina episodios convencionais con outros de realidade virtual. A serie está ambientada no ano 2040 e no mundo virtual. A continuación podes ver un adianto do estilo da serie:


 

 

Ese mesmo día tamén se estrea en Canal Series Xtra (dial 31) ‘Arma letal’ que é adaptación televisiva da película de 1987 dirixida por Richard Donner e protagonizada por Mel Gibson e Danny Glove. A serie xirará arredor da relación entre dous compañeiros policías con personalidades moi diferentes, ao igual que na peli pero a serie contará con máis acción da esperada.

Canal Series (dial 30) estrea o 24 de setembro a terceira tempada de ‘Transparent’ que conta a historia dun profesor recén xubilado que sempre se sentiu muller e que a partir dese momento comezará a vivir como tal, feito que afectará a todo o seu entorno.

O día 27 de setembro AXN White (dial 26) estrea a sétima tempada de ‘Pequeñas mentirosas’ no que a supervivencia terá un papel protagonista nesta nova edición.

Pequeñas mentirosas

AXN (dial 21) estrea o día 28 a segunda tempada de ‘Blindspot’ na que se darán máis pistas da identidade de Jane.

E para rematar setembro o día 30 TNT (dial 22) estrea a tempada 10 de ‘Big Bang Theory’ despois de ofrecer durante todo o mes un #Supermegafrikimaratón que rematará xusto antes de estrear a nova tempada.

Big Bang Theory

Outubro comeza ca estrea da sétima tempada de ‘Shameless’ en versión orixinal subtitulada en Canal Series (dial 30). Nesta nova entrega a familia Gallagher intentará mellorar e ir solucionando os seus problemas aínda que ás veces con pouco éxito

Ese mesmo día Canal Series (dial 30) tamén estrea a tempada tres de ‘Madam Secretary’ na que se narra a vida profesional e persoal da Secretaria de Estado dos Estados Unidos. Esta tempada comeza cunha nova crise provocada pola desaparición do Air Force One.

A continuación estrearase unha das series máis agardadas, trátase de ‘Timeless’ en Canal Series Xtra (dial 31). Estréase o 4 de outubro, un día despois que en Estados Unidos, e céntrase nun equipo de persoas que viaxan no tempo para resolver as misións que lles encomendan. Para ir abrindo boca podes ver o tráiler da serie pero polo de agora soamente está dispoñible en inglés.

O mércores 5 AMC (dial 2) estrea ‘American Gothic’, serie de 13 episodios nos que se vincula a un membro dunha familia cunha serie de asasinatos ao longo dos anos. A intriga está asegurada con esta nova serie.

O día 15 Canal Series (dial 30) estrea ‘Love, Nina’, que se basea na vida dunha aia nos anos oitenta en Londres á que lle da vida Mary-Kay Wilmers e a nai dos fillos que coida é representada pola actriz Elena Bonham-Carter.

Ao día seguinte Cosmo (dial 25) estrea ‘Guilt’ unha serie centrada no caso real da morte Amanda Knox que sucedeu hai uns anos. O continuo xogo entre sospeitosos é o eixo central da serie, aínda que a protagonista é a que ten máis papeletas.

O martes 18 de outubro, un día depois que en Estados Unidos, Canal Series (dial 30) estrea a terceira tempada de ‘Jane the Virgin’ en versión orixinal subitulada. Esta serie emprega o formato de telenovela pero dalle un xiro para que se convirta en comedia.

Tamén en outubro, o luns 24, volve unha das series máis famosas dos últimos anos ‘The Walking Dead’ coa súa sétima tempada en Fox (dial 20) na que todos os seus seguidores agardan que se resolva a pregunta “a quen matou Negan?”. E para ir quentando motores, aquí tes o tráiler en inglés da nova tempada.


 

 

Cara a finais de mes Canal Series Xtra (dial 31) estrea a serie de terror ‘Los vivos y los muertos’ o 26 de outubro. Está ambientada na época vitoriana en Inglaterra onde ocorren varios fenómenos sobrenaturais que o protagonista, Nathan, vai investigar para atopar unha explicación.

Seguramente nas próximas datas se irán confirmando máis series e novas tempadas, pero polo momento con isto xa tes suficiente para afrontar a nova estación do ano.

Ata a próxima!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*