menú

Se queres series: Movistar Series e Movistar Series Xtra

05/12/2016
Blog R

Na era dourada das series, Movistar Series (dial 30) e Movistar Series Xtra (dial 31) presentan unha amplísima oferta que non deixa a ninguén indiferente.

Para todos os gustos, para todos os públicos, de múltiples xéneros e nacionalidades. E máis aló daquelas series que xa non necesitan presentación, como ‘Juego de Tronos’ ou ‘The Good Wife’, hoxe querémosvos descubrir pequenas xoias da pequena pantalla menos coñecidas pero que tamén son moi interesantes. Comezamos.

Unha de terror: ‘Los vivos y los muertos’. É un thriller de terror con tinguiduras de ciencia ficción, ambientado na Inglaterra rural do ano 1894, unha época de cambios e avances científicos derivados da Revolución Industrial.

Unha do oeste: ‘Deadwood’. Un retrato cru e realista dunha época moi dura: a visión máis decadente e verídica da conquista do Oeste americano. Gañadora de 8 premios Emmy e un Globo de Ouro.

Unha histórica: ‘Guerra y paz’. Baseada na obra homónima de Tolstoi, sitúa a acción en 1805, cando Rusia declara a Guerra á Francia de Napoleón Bonaparte e a vida dos mozos Pierre Bezukhov, Andrei Bolkonsky e Natasha Rostova cambia para sempre.

Unha de intriga: ‘The Catch’. Unha exitosa investigadora de fraudes asentada nos Angeles está a piques de comprar a casa dos seus soños co seu prometido. Pero este desaparece con dous millóns de dólares.

 


Unha de acción: ‘Braquo’. Catro axentes de policía deciden tomarse a xustiza pola súa man despois de que o seu xefe se suicide tras ser acusado inxustamente de mala praxe.

Un trío de comedias: ‘Shameless’, a serie atrevida e descarada protagonizada polos Gallagher; ‘Transparent’, descobre o segredo que Mort leva anos ocultando e que cambiará para sempre a vida da súa familia; e ‘Schitt’s Creek’, a historia dunha familia de ricos que perde todo o seu diñeiro cando o seu xerente de negocios é condenado por fraude.

Unha de música: ‘Mozart in the jungle’. Sexo, drogas e música clásica ilustran o que sucede detrás das cortinas do escenario e que pode ser tan fascinante como o que ocorre no escenario. Protagonizada por Gael García Bernal.

 


E para ir preparando o Nadal, anticipámosvos que en decembro chega ‘Atrapados’, con asasinatos, tráfico de persoas, corrupción policial e malos tratos nunha remota vila islandesa.

Así que xa sabes, colle manta, acomódate no sofá e sintoniza Movistar Series e Movistar Series Xtra, tanto na súa emisión en pantalla como en rebobina. Non te arrrepentirás.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

12 comentarios

  1. Mario di:

    Hola, para cuando emisión en 4K? Tenéis previsto incorporar canales pronto? Tendríais que cambiar el descodificador o es compatible el que tenemos? Movistar empieza en 2017 con 4K, Vodafone también.
    Un saludo

  2. sabrina di:

    Hola cuanto se cobra de penalizacion por dar de baja la TV cuando solo llevas un mes con R?

  3. Hector di:

    Ola!
    Poderiadesme confirmar se estos canles correspondense cos canles movistar series e movistar series xtra?

  4. Viti di:

    Boto en falta temporadas e mesmo capítulos no medio en moitas series de rebobina. Non sei se é problema de R, de canal plus ou se pasa noutro canales. A veces queres empezar unha seri e faltan aprimeira temporada e xa pasas. Sería un problema a correxir.

  5. Pablo di:

    Hola
    Tengo contratados estos canales. Dispongo de un disco HD y otro SD, y en este último no los puedo ver (dice que no están incluidos en mi contrato).
    Esto es normal?

    Gracias!

  6. Beatríz di:

    Me aparece el canal m series es gratis promocional en diciembre?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*