menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Segue a Vuelta Ciclista a España en Eurosport

18/08/2016
Blog R

Do sábado 20 de agosto ao domingo 11 de setembro, Eurosport 1 (dial 70) emite en directo as 21 etapas da Vuelta Ciclista a España.

Trátase da última das tres grandes probas ciclistas do ano. En total, os ciclistas percorrerán 3.277,3 km, nos que se disputarán 7 etapas chairas (dúas con final no alto), 12 etapas de media e alta montaña, unha etapa contrarreloxo por equipos e unha individual.

Un ano máis, os organizadores apostan por etapas curtas, espectaculares e con chegadas en alto. Se en 2015 foron 13, na presente son 10 os finais en alto que ten a rolda española, o último deles na penúltima etapa coa subida ao alto de Aitana. Entre as chegadas en alto, destacan descubrimentos recentes como a
Camperona ou o miradoiro de Ézaro, etapas lendarias como os Lagos de Covandonga, a incursión en Francia coa chegada a Aubisque ou a cima inédita de Más de la Costa.

A programación especial da Vuelta arrinca xa o xoves 18 de agosto coa emisión ás 19:15 h da presentación dos equipos participantes nesta 71ª edición.

Como novidade nesta edición e ata a do ano 2020, Eurosport incrementa a cobertura de 2 a 3 horas en directo por etapa. Ademais das etapas, Eurosport 1 emite tamén en directo o programa especial ‘Vuelta Extra’. Este magazine emítese dúas veces ao día en directo. A primeira edición é xusto antes de que a canle conecte coa proba e a segunda é inmediatamente despois do final de etapa. En ‘Vuelta Extra’, Ashley House, presentador de Eurosport, e o experto en ciclismo Juan Antonio Flecha analizan todo o ocorrido na carreira. Pola súa banda, a xornalista de Eurosport Laura Meseguer é a encargada de realizar as entrevistas aos protagonistas do día.

Un dos grandes atractivos da Vuelta é o duelo entre Chris Froome (dúas veces segundo), Alberto Contador (tres veces gañador da rolda española) e Nairo Quintana (4º en 2015). Xunto a eles, aspiran á vitoria final Mikel Landa, Alejandro Valverde (con 6 podios e un triunfo), Esteban Chaves (5º en 2015 e 2º este ano no Giro) e Steven Kruijswijk (4º no Giro).

Eurosport, a Casa do Ciclismo en Europa, ofrece durante a tempada máis de 40 carreiras, incluíndo as 3 Grandes Voltas e os cinco Monumentos do Ciclismo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios