menú

Sean Bean retoma a procura da súa identidade perdida en ‘Legends’

24/08/2016
Blog R

FOX (dial 20) estrea o xoves 1 de setembro ás 21:30 h a segunda e última tempada de ‘Legends’, serie de espías protagonizada por Sean Bean.

Baseada nunha novela do mestre da espionaxe Robert Littell, ‘Legends (Leyendas)’ é unha creación de Howard Gordon (‘Homeland’ y ’24’). Trátase dunha serie de suspense na que Sean Bean (‘Juego de tronos’, ‘El señor de los anillos’) se converteu en Martin Odum, un axente que traballa nunha división especial do FBI que organiza operacións encubertas. Martin é o mellor no seu traballo e ten a misteriosa habilidade de transformarse nunha persoa completamente distinta en cada operación.

Esta última tempada conta con dez capítulos nos que os espectadores se reencontran con algo totalmente novo. A ficción reinvéntase por completo e conta con novos personaxes, exóticas localizacións e un achegamento á narración totalmente novo. Sean Bean segue dando vida ao protagonista Martin Odum, que ten que volver formar parte dunha operación encuberta xusto cando descobre que a súa vida é unha gran mentira. Martin está a loitar por atopar a súa verdadeira
identidade mentres escapa dun crime que non cometeu.

Nesta procura, Odum conta coa inestimable axuda da axente da CIA Nina Brenner (Kelly Overton, ‘True Blood’) e o axente do FBI Tony Rice (Morris Chestnut, ‘Rosewood’). Co apoio de ambos os dous, Martin chega ata Ilyana Crawford (Klára Issová, ‘Crossing Lines’), unha muller que podería estar unida ao seu pasado, e a súa complicada filla adolescente Kate (Aisling Franciosi, ‘La caza’).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios