menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Rufus e Captain Atomic, os novos ‘heroes’

03/06/2016
Blog R

En xuño, celebramos aniversarios, vivimos a Eurocopa, coñecemos a Rufus e ao Captain Atomic. Agora che contamos.

O verán é época de aventuras e diversión e, por iso, Disney Junior (dial 161) propúxose o reto de ofrecer aos máis pequenos da casa as mañás dos sábados máis sorprendentes da man das súas series favoritas. A partir do día 4 de xuño, cada sábado, ás 10:45h., a canle estrea episodios dalgunhas das series preferidas pola audiencia: ‘La guardia del León’, ‘La Princesa Sofía’, ‘Ricitos y Osito’, ‘Doctora Juguetes’, ‘Jake y los piratas de Nunca Jamás’ e moitas máis.

Estás preparado para a volta da serie máis vándala da televisión? A terceira tempada de ‘Sanjay & Craig’ chega a Nickelodeon (dial 151) o sábado 4 de xuño a partir das 12:35h. Vas perder a celebración do amigo-versario de Sanjay e Craig? Queres ver como Craig lle ensina a Sanjay a ser unha serpe?

O xoves 9 de xuño, con motivo do aniversario do pato máis famoso da televisión, Mickey e os seus amigos prepararon unha gran festa en Disney Junior. A celebración dá comezo ás 17:00h. coa emisión dunha selección de episodios de ‘La casa de Mickey Mouse’ nos que o pato Donald será o protagonista
indiscutible. Que sorpresas lle prepararon os seus amigos? Descúbreo no especial ¡Felicidades Donald!

O luns 13 de xuño, ás 20:45h., un novo superheroe, Captain Atomic, chega a Disney XD (dial 160) acompañado da súa compañeira de viaxe, unha poderosa marioneta. A audiencia poderá desfrutar das intrigantes aventuras deste dúo dinámico na serie ‘Atomic Puppet’.

Disney XD convértese na canle de celebración para a Eurocopa 2016 do luns 13 de xuño ao domingo 10 de xullo coa emisión do especial de programación ¡Fútbol a tope! A temática futboleira chega da man da serie ‘Inazuma Eleven Go!’, na que o control dunha misteriosa organización fixo do fútbol un deporte cargado de escuras e violentas batallas. O cine tamén ten un oco con ‘Inazuma Eleven Go’ e, para terminar de conquistar aos seareiros, a canle emite 10 curtos de 2 minutos de duración de ‘Disney XD F.C.’

A partir do luns 13 de xuño e ata o domingo 4 de setembro, os benxamíns da casa reservarán a hora da comida e a dixestión para series como ‘La Guardia del León’, ‘Ricitos y Osito’, ‘Miles del futuro’ e ‘La casa de Mickey Mouse’. Todos os días, de 14:00 h. a 17:45h, especial estival ‘Surcando el verano’ en Disney Junior.

Alvin, Simon e Theodore (As Ardillas) e Brittany, Jeanette e Eleanor (as descaradas Chipettes) poderían pasar perfectamente por nenos totalmente normais. Pero enchen estadios de fútbol cos seus concertos, aos que acoden millóns de fans de todo o mundo, como auténticas estrelas do rock! O luns 20 de xuño, ás 17:40h., estrea da segunda tempada de ‘¡¡¡Alvin!!! y las ardillas’ en Nickelodeon.

O venres 24 de xuño chega ‘Rufus’, a nova película de Nickelodeon, protagonizada por Jace (‘Henry Danger’). É un personaxe moi particular, Rufus, un can que, por encantamento, se converte nunha persoa de carne e óso. Coñéceo ás 21:30h.

En xuño, o mozo aventureiro Miles será o protagonista dun maratón espacial en Disney Junior (dial 161) que inclúe a estrea do último episodio da primeira tempada de ‘Miles del Futuro’, titulado ‘Secretos del agujero negro’. O especial de programación ‘Misión Secreta’ emítese do luns 27 ao domingo 3 de xullo a partir das 18:00h. e das 12:00h. a fin de semana.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios