menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Homenaxe ao director Robert Altman en TCM

15/11/2016
Blog R

Cando se cumpren dez anos da morte de Robert Altman, TCM (dial 3) quere lembrar a un dos directores máis sarcásticos, irónicos e ferozmente independentes que deu o cine norteamericano cun especial que emite o domingo 20 de novembro dende as 15:45 h.

Cando a Robert Altman lle falaban de xubilación el contestaba sarcástico: ‘Xubilación? Estás a falar da morte, verdade?’. Quizá por iso seguiu traballando practicamente ata o seu último alento, o 20 de novembro de 2006. En febreiro dese mesmo ano, a Academia de Hollywood outorgáralle un Óscar honorífico por toda a súa carreira e, poucos días antes, no Festival de Berlín, presentara o que sería o seu testamento cinematográfico, ‘El último show’, un filme cun indiscutible aroma a despedida.

Altman é un realizador capaz de unir risas e bombas en ‘M.A.S.H.’ ou de desacralizar a grandes mitos da historia americana como o mismísimo Búfalo Bill en ‘Búfalo Bill y los indios’.

O domingo 20 de novembro, data do aniversario do seu falecemento, TCM emite catro grandes títulos da súa filmografía: ‘The Company’, un filme protagonizado por Neve Campbell e James Franco, centrado no día a día dunha compañía de ballet; a maxistral ‘Nashville’, na que narra cinco días do famoso festival de música country desa cidade, coincidindo cunha campaña electoral; e ‘Un largo adiós’ e ‘Los vividores’, nas que remodela xéneros clásicos como o cine policíaco e o western, respectivamente.

Robert Altman naceu o 20 de febreiro de 1925 en Kansas City (Misuri). Á súa cidade natal dedicou outro dos seus grandes títulos, ‘Kansas City’, un filme que rememoraba o ambiente jazzístico da cidade nos anos 30. Antes de comezar a dirixir longametraxes, curtiuse en series de televisión como ‘Bonanza’ ou ‘Alfred Hitchcock presenta’. O seu primeiro gran éxito foi ‘M.A.S.H.’, coa que gañou a Palma de Ouro do Festival de Cannes. Despois de triunfar durante os anos setenta, sufriu unha serie de continuados fracasos nos oitenta, para recuperarse nos noventa e a comezos do século XXI co seu habitual dominio do cine coral en películas como ‘El juego de Hollywood’, ‘Vidas cruzadas’ ou ‘Gosford Park’.

Axenda domingo 20 de novembro:

15:45 h: ‘The Company’ (‘The Company’, 2003)
17:35 h: ‘Nashville’ (‘Nashville’, 1975)
20:10 h: ‘Un largo adiós’  (‘The Long Goodbye’, 1973)
22:00 h: Selección TCM: ‘Robert Altman’ (2016)
22:15 h: ‘Los vividores’ (‘McCabe & Mrs. Miller’, 1971)

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

0 comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *


*