menú

‘Rectify’ chega ao seu fin en Sundance

05/01/2017
Blog R

SundanceTV (dial 9) recibe a cuarta e última tempada da primeira serie orixinal da canle de cine independente o xoves 12 de xaneiro ás 22:30 h.

‘Rectify’, creada polo actor e director Ray McKinnon (‘Deadwood’), é hoxe unha obra de culto e está considerada pola crítica como un dos 10 mellores dramas de televisión dos últimos anos.

A serie narra a historia de Daniel Holden, condenado á morte por asasinato cando era pouco máis que un adolescente. Tras pasar 20 anos encerrado en prisión, recupera a liberdade ao xurdir novas probas que cuestionan o veredicto inicial. Pero a volta a casa ten imprevistas e irreparables consecuencias para a súa familia e outros veciños do pobo.

Nesta cuarta tempada, coñeceremos a verdade sobre o asasinato que o encerrou durante dúas décadas pero, sobre todo, se Daniel e a súa familia son capaces de superar o pasado e enfrontarse a un novo e incerto futuro.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios