menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

O prota de ‘Fear The Walkind Dead’ saúda os clientes de R

06/04/2016
Blog R

O luns 11 de abril ás 22:10 h AMC (dial 2) estrea a segunda tempada de ‘Fear The Walking Dead’.

O spin off de ‘The Walking Dead’ regresa coa súa segunda tempada que contén 15 episodios. A primeira entrega finalizou cando Madison, Travis e as súas familias se refuxiaron na finca de Strand mentres os zombies se facían co control de Los Ángeles. Nesta segunda tempada os protagonistas comezan unha nova aventura a bordo do iate de Strand, no que navegarán cara a baixa California, onde atoparán novos sobreviventes. E a partir de aí desenvolveranse os seguintes capítulos, pero aquí non che imos a espoilear nada 

E coincidindo coa estrea da segunda tempada Cliff Curtis, que interpreta a Travis na serie, envía un saúdo a todos os clientes de R e anímanos a ver a serie.

Ademais, mirade por onde que este trimestre a canle en aberto en R é AMC (dial 2)  así que non hai desculpa para seguir esta nova entrega de ‘Fear The Walking Dead’.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios