menú

‘Pequeñas mentirosas’ chega á súa sétima tempada en AXN White

23/09/2016
Blog R

O sábado 24 de setembro, ás 13:10h, AXN White (dial 26) estrea a sétima tempada de ‘Pequeñas mentirosas’.

Pasaron cinco anos dende o final da sexta tempada, onde finalmente descubriron a verdadeira identidade de ” A. “. Agora, chegan cunha nova imaxe, novos segredos… e novas mentiras.

As mozas non son as mesmas persoas que eran cando saíron de Rosewood. Seguiron os seus propios camiños e axustáronse a unha vida sen ” A. “. Como van reaccionar cando algo que sucede en Rosewood as obriga a volver onde empezou todo?

Dalgún modo, ” A. ” coñecía os seus máis privados misterios, cousas que as mozas esperaban ocultar para sempre, pero o tormento e as manipulacións continuaron, destruíndo as relacións que afectan os seus seres queridos. A tensión continua e o que nunca poderían imaxinar ocorrerá?

A serie é unha adaptación da saga literaria do mesmo nome creada por Sara Shepard.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios