menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

As pelexas de robots chegan a A&E

07/12/2016
Blog R

O mércores 14 de decembro, ás 22:50 h, A&E (dial 53) estrea ‘BattleBots: Peleas de robots’, a espectacular serie onde os robots combaten a matar.

Chega á televisión do noso país por primeira vez todo o caos mecánico e a destrución destes enfrontamentos.

Os mellores construtores de robots do mundo fan competir as súas letais máquinas caseiras nunha serie de combates a morte dentro da BattleBox, o maior recinto a proba de balas do mundo. O seu obxectivo é gañar o máximo premio en combates robóticos.

O torneo está deseñado para ser rápido e encarnizado. Cada encontro consiste nun único combate de tres minutos no que o obxectivo é destruír por completo ou inutilizar ao opoñente. Se non se produce un K.O. durante a batalla de tres minutos, o xurado declara un vencedor que pasará á seguinte rolda.

Entre os competidores hai dende enxeñeiros da NASA a estudantes adolescentes, pero todos teñen unha meta: gañar o gran título e marchar co substancioso premio en metálico. Que comece o combate!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios