menú

Los 40 TV deixa de emitir

07/02/2017
Blog R

Unha das canles musicais de referencia na televisión, Los 40TV, bota o peche.

En concreto, deixará de emitir o 17 de febreiro, despois de case 20 anos en funcionamento.

Botaba a andar o 1 de setembro de 1998 dando o salto á pequena pantalla dunha das emisoras radiofónicas máis escoitadas de España: Los 40.

A decisión deste peche foi tomada pola súa produtora, o Grupo Prisa. Dese xeito, Los 40TV, que se podía desfrutar no dial 170 da grella de televisión de R deixará de estar dispoñible non só en Galicia, senón no resto de plataformas.

Lembra que contamos con outras emisoras musicais, como Sol Música (dial 171), MTV Rocks (dial 173), MTV Dance (dial 174), MTV Hits (dial 175), VH1 (dial 176) e VH1 Classic (dial 177).

Etiquetas: , , , ,
subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
acepto os termos e condicións*

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios