menú

Patricia Pérez leva a FOX Life os seus consellos culinarios con ‘Yo sí que como’

05/09/2016
Blog R

Patricia Pérez incorpórase a FOX Life (dial 28) o martes 13 de setembro ás 21:20 h co espazo de produción propia ‘Yo sí que como’.

É un programa inspirado no seu propio blogue e posterior libro sobre os bos hábitos alimenticios publicado pola presentadora galega, que agora se trasladan á pequena pantalla da man de colaboradores convidados da talla de Raphael, Alaska, Mario Vaquerizo ou Nuria Roca, entre outros.

‘Yo sí que como’ está composto por 22 episodios de media hora de duración e foi desenvolvido en exclusiva para a canle pola produtora ‘Último Recurso’,  propiedade de Patricia Pérez.

O programa nace inspirado polo interese de Patricia Pérez pola alimentación tras unha grave reacción alérxica, cuxas consecuencias lle fixeron plantexarse os efectos da alimentación no noso organismo. Dende entón, esta converteuse na súa gran paixón, formándose sobre o tema e escribindo varios libros de gran éxito.

Ademais de compartir os seus consellos cos espectadores, farao con grandes amigos seus moi coñecidos polo público, a quen Patricia preparará un prato inspirado en cada un deles. ‘Yo sí que como’ non é un programa de cociña ao uso, senón unha forma de dar a coñecer recomendacións que axudan a mellorar os nosos hábitos alimenticios.

O programa estréase cos episodios de Raphael e Nuria Roca. Para o cantante, Patricia Pérez prepara unha receita de pasta de espelta picante para mellorar a súa alimentación cando está de xira cun ingrediente que lle encanta: o picante. Con Nuria Roca prepara un prato típico da súa terra, unha coca de verduras con ingredientes que lle van axudar a non reter líquidos.

Todos os programas manteñen a mesma estrutura e cada un está dedicado a un tema en concreto, representado por cada invitado. Así, Patricia Pérez abordará o tema das molestias do embarazo con Amelia Bono; recomendará receitas para non engordar aos actores Candela Peña e Jorge Calvo, ás cantantes Alaska e Chenoa e á blogueira Beta Coqueta; ofrecerá ideas para poñer certa orde nos seus hábitos alimenticios a Mario Vaquerizo, á produtora e guionista Laura Caballero e ao influencer Aless Gibaja; e explicará receitas adecuadas para aliviar certas molestias gástricas á modelo Laura Sánchez.

Así mesmo, en ‘Yo sí que como’ coñeceremos unha receita de pasta sen glute especial para celíacos como Patricia Conde; novos pratos pensados para amantes do deporte como Cristina Mitre e Miriam Hernández; e receitas para aliviar os efectos do cansazo e do estrés concibidas para Sandra Barneda e o modisto Jorge Vázquez.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios