menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Os ‘Vikingos’ volven a TNT

18/02/2016
Blog R

A serie ‘Vikingos’ volve a TNT (dial 22) con toda a forza dos deuses o mércores 24 de febreiro ás 22:30 h. A cuarta tempada chega tan só uns días despois da súa emisión nos EE.UU.

A terceira tempada terminaba cun asedio truncado a París e unha sorprendente traizón: Rollo, o irmán de Ragnar, pasa a formar parte da nobreza franca tras o seu matrimonio coa filla do monarca francés. Por outra banda, Ragnar (Travis Fimmel) deberá facer fronte a inimigos internos e externos. O trono deste rei viquingo é demasiado ansiado por todos aqueles que o rodean e a cuarta tempada céntrase, entre outras cousas, na sucesión de Ragnar.

A aventura está servida: cruentas batallas, loitas polo poder e amores imposibles espérante na nova entrega viquinga.

A nova tempada de ‘Vikingos’, creada por Michael Hirst (‘Os Tudor’, ‘Elizabeth’), contará con 20 episodios, a diferenza das tempadas pasadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

0 comentarios